xoves, 27 de abril de 2017

domingo, 18 de decembro de 2016


 5º/6º de primaria


Frida
Autor: Sébastien Perez  Editorial Edelvives
Unha aproximación á personalidade da xenial artista mexicana. 
Sébastien Perez alterna os seus  textos poéticos con anacos dos diarios de Frida que nos transmiten as súas emocións máis profundas




Todo o tempo do mundo
Autor: David pérez Iglesias  Edicións Xerais

Ariadna lembra aqueles días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea e a mañá en que  o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron seus pais. Días de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza.



O caso máis estraño do detective Marschen
Autor: Xavier Frías Conde Editorial Galaxia

Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Poderedes atopar de fantasmas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos… cada historia é diferente, mais todas teñen un final sorprendente.  

El  camino a la escuela

Autor: Rosemary McCarney  Editorial Juventud
Que fas para chegar á escola? Neste libro podes ver como van á escola cada día nenos de todo o mundo. Para algúns nenos  o camiño é longo e perigoso. 
 Cada imaxe fala da importancia da educación e do esforzo que os nenos están a realizar cada día para conseguirla.

 Superhéroe
Autor: Lucas García     Editorial Ekare


Gabriel está nun novo país, onde as cousas poden ser moi raras: palabras diferentes, un par de archienemigos na escola, e o mestre de  matemáticas parece un extraterrestre.  Menos mal que é  un experto en superherois e sabe o que hai que facer.


A historia de Erika
Autor: Ruth Vander Zee  Editorial Kalandraka

A historia de Erika é estremecedora. É a dunha supervivente sen nome dos campos de exterminio. Un libro para concienciar aos novos lectores, máis de 60 anos despois da liberación do campo de exterminio de Auschwitz.